domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Un emotivo vídeo, eixo central do novo plan especial de convivencia e seguridade nas aulas

Presentación del vídeo. DAVID FREIRE
Presentación del vídeo. DAVID FREIRE
O delegado do goberno recorda que o 44% dos alumnos sufriron nalgún momento un episodio de acoso ou malos tratos
 

Un emotivo vídeo gravado polos alumnos do CPI O Toural de Vilaboa será o principal argumento de concienciación que a Garda Civil utilizará este curso para facer chegar a alumnos de toda Galicia a necesidade de conciliar educación e convivencia.

O plan director, en marcha desde o ano 2009, abordará temáticas tan variadas como o acoso escolar, a violencia, o bullying, o tráfico de drogas nos centros escolares ou a irrupción de bandas xuvenís. Todas elas "unha secuela aínda non erradicada", en palabras do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen engadiu que "o 44% dos adolescentes sufriu nalgún momento un episodio de abuso ou acoso escolar".

A presentación do vídeo tivo lugar na comandancia de Pontevedra, pois foi aí onde se xestou a súa elaboración. Ao acto acudiu o propio Miñones, acompañado polo xeneral responsable da zona de Galicia, Luís Francisco Rodríguez Martínez; o máximo dirixente da Comandancia pontevedresa, Simon Venzal, e alumnos, profesores e actores participantes neste proxecto.

Será difundido en todas as charlas que promova a Garda Civil nos centros galegos e tamén naqueles de España que o soliciten. Miñones recordou que en só un mes de desenvolvemento no presente curso, "levamos 300 centros inscritos, o que é un dato moi relevante".

O vídeo en cuestión reflexa o corpo sen rostro dun mozo que se enfronta á súa rutina diaria con apatía, sen alegría, afundido e sometido a abusos e malos tratos por parte dos seus compañeiros, o que lle leva a ter enfrontamentos persoais e incluso tensións dentro do seu propio domicilio. Condutas, segundo os expertos, moi habituais e que non sempre son detectadas e interpretadas como o síntoma dun grave problema

Un emotivo vídeo, eixo central do novo plan especial de...
comentarios
ç