Entra en servizo o remodelado enlace de Puzo da autovía A-52

Abren os dous carriis de circulación en dirección a Madrid que estaban pechados polas obras

O Ministerio de Fomento puxo en servizo o enlace de Puzo, no quilómetro 291 da autovía A-52, na provincia de Pontevedra, ao abrir os dous carrís de circulación en dirección a Madrid que estaban pechados polas obras. A apertura ao tráfico permite a conexión da A-52 coa estrada provincial EP-4006 e coa autovía AG-51 e a Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves.

Nesta remodelación do enlace de Puzo o Goberno investiu 7,58 millóns de euros entre os investimentos en obra, expropiacións e as asistencias técnicas de control e vixilancia. A actuación partía dun protocolo subscrito en xuño de 2007 entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia.

As obras incluíron tamén a execución dun novo paso superior sobre a autovía A-52 para manter a permeabilidade transversal e a execución da reposición dun tramo da estrada provincial EP-4006. 

Comentarios