Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Escóndese no WC dun bar do Porriño por medo a sufrir unha agresión do seu ex

Foi detido por incumprir a orde de afastamento que pesaba sobre el

Unha muller tivo que esconderse este domingo no baño dunha cafetería do Centro urbano do Porriño por medo a sufrir unha agresión por parte da súa exparella, cunha orde de afastamento, ao atopalo no mesmo lugar.

Axentes da Policía Local do Porriño en colaboración coa Garda Civil detiveron a este home de 29 anos de idade por incumprimento desta orde de afastamento ditada polo xulgado do penal nº 1 de Vigo.

A muller xa presentou a correspondente denuncia e detido foi presentado este luns diante do xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 do Porriño. 

Escóndese no WC dun bar do Porriño por medo a sufrir unha agresión...