A escola infantil de Moraña, pechada tras rexistrar un caso de coronavirus

Soben a 20 os infectados vinculados a centros educativos da área de Pontevedra  O IES de Poio, con cinco contaxiados, é o colexio con máis afectados
Niños en un aula. EUROPA PRESS
photo_camera Nenos nunha aula. EUROPA PRESS

Os casos activos de covid-19 nos centros educativos de ensino non universitario da área de Pontevedra e O Salnés repuntaron este martes ata os 20 infectados, tres máis que no anterior balance do Sergas, segundo reflicten os datos actualizados este martes polas consellerías de Educación e Sanidade, nos que se inclúen datos da penúltima xornada escolar, xa que este 22 de xuño finalizou o curso académico 2020-21.

Na listaxe da Xunta aparecen 14 centros afectados en maior ou menos medida pola pandemia, repartidos entre a Boa Vila, Poio, Ponte Caldelas, Soutomaior, Moraña, Vilagarcía e Vilanova. O IES de Poio, con cinco contaxiados, é o colexio con máis afectados.

A área pontevedresa conta con só unha aula inoperativa, no Plurilingüe San Francisco de Vilagarcía de Arousa, tras reabrir a clase que estaba clausurada no Ceip Plurilingüe de Chancelas, mentres que incorpora un centro pechado —a escola infantil de Moraña por un positivo—, que representa o único de Galicia. 

Coles de Ponche

No conxunto de Galicia os casos activos en centros educativos repuntaron a 251, o que implica 17 máis que a xornada anterior, mentres que as aulas pechadas descenden a nove —unha menos—, pero volve estar unha escola infantil pechada por un positivo, a de Moraña, na área pontevedresa. 

As infeccións activas en centros educativos descenden nas áreas de Vigo (-15) e Ferrol (-2); mentres que soben nas da Coruña (+25), Lugo (+3), Pontevedra (+3), Ourense (+2) e Santiago (+1). á cabeza mantense a área da Coruña, con 107 casos activos, que supoñen 25 máis que a xornada anterior, e soben a seis as aulas pechadas pola covid —unha máis—, tres delas no Ceip Sacra Familia con 11 positivos —un máis—. Destaca o IES Afonso X O Sabio de Cambre, con 17 contaxios, a maior cifra de Galicia. 

Séguelle a área de Lugo con 37 contaxios. A continuación a de Ourense concentra 30 infeccións activas, dúas máis, e unha aula pechada —sen cambios—, mentres que a de Ferrol aglutina 29 positivos —dous menos— e segue sen clases inoperativas. Destaca o IES Sofía Casanova, con sete positivos —sen cambios—. 

Pola súa banda, a área de Vigo reduce a 28 os casos activos, que supoñen 15 menos, e xa non ten aulas pechadas pola incidencia deste coronavirus. Nela sitúase o CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago, con catro positivos.

MENOS CASOS. Con menos casos activos atópanse as áreas de Pontevedra e Santiago. Esta última colócase coa menor incidencia de Galicia, con 17 casos activos de covid —un máis— e unha aula pechada —sen cambios—. 

Comentarios