
Unha persoa tivo que ser excarcerada e evacuada a un hospital a primeira hora desta tarde tras verse involucrado o turismo que conducía nun accidente múltiple cunha furgoneta e un camión que transportaba madeira ocorrido na N-550 entre Redondela e Pontevedra. Concretamente, o accidente tivo lugar ao fío das 13:30 no quilómetro 137,5, á altura de San Pedro de Cesantes.
Segundo informou o 112 Galicia, a persoa ferida tivo que ser excarcerada do interior do seu vehículo polos Bombeiros do Porriño, que a puxeron en mans dos profesionais do 061, os cales a trasladaron ao hospital de referencia.
O 112 Galicia, ademais, puxo en aviso aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e os servizos de emerxencia e incendios de Redondela, ademais de Protección Civil e aos profesionais do mantemento de estradas. Tamén se deu aviso a un helicóptero mediatizado pero finalmente a súa intervención non foi necesaria e a vítima foi trasladada en ambulancia.