Morre un operario ao caerlle unha árbore enriba en Mondariz

A tarefa estaba a ser realizada na estrada que une Cerdanela e Sabaxáns
Lugar do accidente. CRTVG
photo_camera Lugar do accidente. CRTVG

Un home faleceu na tarde deste venres ao ser alcanzado por unha árbore no que realizaba traballos nunha zona da estrada que unha  Cernadela e Sabaxáns, en Mondariz (Pontevedra).

Segundo informou o  CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 15.45 horas, cando varios particulares alertaron aos servizos de emerxencia de que o home fora alcanzado por unha árbore.

Ao lugar acudiu o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Con todo, unha vez no punto, o persoal sanitario só puido certificar o falecemento do home.

Ademais, á zona desprazáronse efectivos da Garda Civil e de Protección Civil.