Ferida no Porriño tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel

Foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro

Unha muller resultou ferida tras ser alcanzada por un tren á altura dun paso a nivel da Avenida de Buenos Aires, no Porriño.

O servizo 112 Galicia sinala que pasadas as 22:00 horas do xoves recibiu varias chamadas de veciños desta localidade para pedir asistencia médica urxente para esta muller que fora golpeada por un convoi.

O persoal de urxencias avisou aos servizos sanitarios de urxencia que atenderon á ferida con diversas fracturas, aínda que estaba consciente.

Tamén se solicitou a intervención dos axentes da Policía Local e informouse ao centro de seguridade de ADIF e á Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias do suceso. A muller foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e o tren renovou a marcha.

Comentarios