Ferida grave unha muller tras ser atropelada en Redondela

O suceso produciuse na rúa Santa Mariña, á altura do número 12

Unha muller resultou ferida de consideración tras ser atropelada en Redondela por un turismo, informaron fontes do 112 Galicia. 

O atropelo produciuse na rúa Santa Mariña, á altura do número 12. 

O centro de atención ás urxencias de Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias, Policía Local e Protección Civil.