Ferida en Tomiño nun accidente múltiple provocado por un can

O sinistro rexistrouse á altura de Amorín
Oficinas del 112 en Santiago. EP
photo_camera Oficinas do 112.

Un choque entre tres vehículos provocado por un can que foi interceptado na vía saldouse na noite deste sábado cunha muller ferida.

O accidente ocorreu sobre as 22:15, cando os vehículos circulaban pola PO-552, á altura do punto quilométrico 66, en Amorín, ao seu paso por Tomiño.  Axentes da Garda Civil, que nese momento patrullaban a zona, chamaron ao 112 Galicia para informar o suceso.

Tras confirmar que a ocupante dun dos vehículos implicados precisaba asistencia sanitaria, avisouse enseguida ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados os Bombeiros de Baixo Miño, os efectivos de Protección Civil da localidade, así como, o persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou das tarefas de limpeza da vía.