Ferido de consideración o condutor dun coche que caeu por un barranco na Cañiza

Un helicóptero medicalizado do 061 desprazouse ata o lugar do accidente para trasladar á vítima
Imagen de archivo del helicóptero del 112
photo_camera Imaxe de arquivo do helicóptero do 061. ADP

Un home resultou ferido de consideración este mércores ao saírse da vía o coche que conducía no municipio pontevedrés da Cañiza. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17.45 horas deste martes no Lugar de Sendín, cando o turismo no que viaxaba a vítima saíuse da estrada e caeu por un barranco duns 15 metros. 

Até a zona desprazáronse integrantes da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros e GES de Ponteareas, así como un helicóptero medicalizado do 061 para trasladar á vítima. 

Comentarios