Ferido grave ao electrocutarse cuns cables mentres cortaba unha árbore en Crecente 

Urxencias Sanitarias mobilizou un helicóptero ante a gravidade do accidente
Imagen de archivo del helicóptero del 112
photo_camera Imaxe de arquivo dun helicóptero do 112

Un home resultou ferido de gravidade ao electrocutarse mentres tallaba unha árbore que estaba apoiada nuns cables eléctricos no municipio de Crecente. 

O suceso rexistrouse no lugar de Tixosa, na parroquia de Rebordechán, sobre as 15.30 horas. Debido á gravidade do accidente, Urxencias Sanitarias mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar dos feitos. 

Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil, do GES e Bombeiros de Ponteareas e da empresa subministradora de electricidade.