Ferido grave un motorista ao sufrir unha caída en Mondariz

O accidente produciuse no lugar de Cambra

Un home resultou ferido grave tras caer da moto que conducía en Mondariz.

Foi un particular quen, pasadas as sete da tarde deste venres, chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para o motorista que sufriu unha caída no lugar de Cambra.

A central galega de urxencias informou o suceso aos servizos sanitarios de urxencia, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do  GES-Bombeiros de Ponteareas. No entanto, o ferido estaba liberado e accesible.