Ferido grave un mozo ao sufrir unha caída na contorna do Ribadetea, en Ponteareas

Debido ás lesións ocasionadas pola caída e o estado inconsciente no que se atopaba tivo que ser trasladado en helicóptero
Oficinas del 112 en Santiago. EP
photo_camera Oficinas do 112. ADP

Un mozo resultaba ferido de gravidade na tarde deste venres tras desprenderse dunha corda e caer na contorna do río en Ribadetea, en Ponteareas. Segundo informa o 112 Galicia, eran as sete da tarde cando se recibía o aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias do 061, que enviaron á zona un equipo a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Debido ás lesións ocasionadas pola caída e o estado inconsciente no que se atopaba o mozo, os servizos sanitarios de urxencia prepararon o traslado do ferido na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

En todo momento, o equipo médico contou coa colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, que acudiron ao lugar cunha ambulancia asistencial para ofrecer os primeiros coidados.