Ferido un motorista tras chocar contra unha furgoneta en Redondela

O accidente produciuse na nacional 550, no punto quilométrico 141, á altura da Avenida de Santa Mariña
Protección Civil de Redondela. FACEBOOK
photo_camera Protección Civil de Redondela. FACEBOOK

Un motorista resultou ferido na tarde deste venres tras chocar contra unha furgoneta mentres circulaba pola localidade pontevedresa de Redondela.

Tal como informaron fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 16.15 horas e foron os propios servizos de urxencias sanitarias os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. Así, solicitaban apoio logo de producirse un accidente entre unha furgoneta e unha moto na nacional 550, no punto quilométrico 141, á altura da Avenida de Santa Mariña.

Por iso, deuse aviso á Policía Local e ao servizo de Protección Civil de Redondela, mentres que os servizos sanitarios atenderon ao ferido.