Feridos dous operarios en senllos accidentes laborais en Ponteareas e Cambados

O primeiro foi golpeado por unha rama e o segundo, por unha máquina
Una ambulancia. ADP
photo_camera Unha ambulancia. ARQUIVO

Dous traballadores resultaron feridos en senllos accidentes laborais rexistrados en Ponteareas e Cambados, o primeiro ao ser golpeado por unha rama e o segundo, por unha máquinam, informaron fontes do 112 Galicia.

O primeiro accidente produciuse sobre as 17.00 horas na parroquia de Bugarín, onde un operario resultou golpeado por unha rama dunha árbore mentres traballaba no monte, a pesar do cal non perdeu a consciencia.

Efectivos de Protección Civil evacuaron ao ferido ata o punto onde esperaba unha ambulancia medicalizada, que o trasladou ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Apenas media hora máis tarde, o 112 de Galicia tivo constancia dun operario que fora recibido un golpe na cabeza cunha peza dunha máquina coa que traballaba.

O accidente produciuse no Campo da Vila, en Oubiña, na localidade pontevedresa de Cambados.

O ferido foi trasladado ao hospital do Salnés.

Comentarios