Font avísalle á Xunta que terá que asumir Canteiría cando se creen os ciclos de FP

O deputado socialista considera que o actual Goberno provincial está a actuar "con rigor e seriedade para corrixir o que o PP non fixo en 33 anos"
El portavoz del gobierno provincial, Carlos López Font. TWITTER
photo_camera O portavoz socialista na Deputación, Carlos López Font. DP

O portavoz do grupo socialista na Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, anticipou o voto favorable durante o Pleno deste venres á moción presentada polo Partido Popular para que a Deputación reclame ao Goberno central a creación de dous ciclos de FP coincidentes cos estudos que se imparten na Escola de Canteiría de Poio. Non obstante, xa anticipou que haberá unha nova moción, no próximo Pleno, na que se incluirán "aquellas cuestiones en las que el PP calla".

Deste xeito, subliñou que "lo importante es que se creen los dos ciclos, medio y superior, y eso justifica nuestro voto favorable", pero tamén aclarou que unha vez creados, "la Xunta no va a tener más remedio que encargarse de lo que pasará a ser un Centro de FP que imparte enseñanza reglada. La Administración local no puede impartirla".

Así mesmo, anunciou que a Deputación está a traballar "con rigor y seriedad para corregir lo que el PP no hizo en 33 años", empezando por pedir a licenza de actividade diante do Concello de Poio. O asunto, avanzou, será ditaminado na Comisión de Urbanismo de Poio "y, si todo va bien", o permiso será outorgado o 24 de setembro. Para elo a Deputación, subliñou, tivo que asumir unhas obras valoradas en 440.000 euros, pois o edificio non cumpría as normas sobre incendios, accesibilidade ou contaminación acústica. Tamén solicitará á Xunta a homologación dos estudos de canteiría.

Comentarios