martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

O Grove, único municipio en nivel máximo

Terraza vacía en un establecimiento de hostelería en O Grove.
Terraza baleira nun establecemento de hostalería no Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Sanxenxo e Meaño pasan desde este sábado ao grupo de restricións altas no que se atopan Pontevedra, Marín, Poio, Bueu, Cambados, Meis, Portas, Soutomaior, Vilaboa e Vilagarcía

O concello de O Grove é desde este sábado e polo menos durante unha semana o único concello de Galicia en nivel máximo restricións polo que as ocupacións nos establecementos de hostalería do municipio están limitadas ao 30% no interior e ao 50% en terrazas.

Ademais, as reunións de grupos de persoas limítanse a 6 en interior e 10 en exterior, e non se permiten reunións de non convivientes entre a 1 e as 6 da mañá.

A decisión adoptada polo comité clínico o pasado martes, que entrou en vigor este sábado, causou malestar no municipio para cuxo alcalde, José Cacabelos, "manter O Grove non nivel máximo de restriccións de covid é unha decisión política, non sanitaria".

O rexedor dicía o pasado martes non entender que O Grove seguise en nivel máximo e que Sanxenxo e Viveiro, que tamén superan os 500 puntos de incidencia acumulada a 14 días, pasasen ao alto.

A resposta de Sanidade non se fixo esperar e o mércores defendían a decisión do comité clínico posto que a situación do Grove "é obxectivamente peor que a de Sanxenxo".

Segundo os datos da Consellería o concello do Grove ten unhas taxas de incidencia axustada a sete e catorce días de 178,6 e 572,4 casos novos por cen mil habitantes, respectivamente, mentres que en Sanxenxo estas taxas son de 136,4 e 539,2, respectivamente.

Sanidade tamén recordou que as decisións se toman tendo en conta as incidencias, pero tamén se teñen en conta outros factores como é a evolución dos casos e, nese sentido, a evolución de Sanxenxo é claramente máis favorable".

NIVEL ALTO. Sanxenxo e Meaño incorpóranse este sábado ao grupo de municipios con restricións altas no que se atopan Pontevedra, Marín, Poio, Bueu, Cambados, Meis, Portas, Soutomaior, Vilaboa e Vilagarcía.

Nestes concellos as ocupacións están limitadas ao 50% en interiores e ao 50% en terrazas, pero do mesmo xeito que no nivel máximo as reunións limítanse a 6 persoas en interiores e a 10 en exteriores. Así mesmo e non están permitidas as reunións de non convicientes entre a 1 e as 6 da mañá.

Nos concellos con niveis más altos non están permitidas as reunións de non conviventes entre a 1 e as 6 da mañá

En nivel medio estarán Valga, Silleda, A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Moaña e Cangas, entre outros.

Por outra banda, das sete grandes cidades de Galicia só Santiago e Ourense saen do nivel alto de restricións e poden reabrir o lecer nocturno ata as 3 da madrugada no interior dos locais cunha ocupación limitada ao 50% , pero sen limitación na terraza exterior.

A próxima semana o comité clínico volverá reunirse e de manterse a boa evolución epidemiolóxica e o descenso de casos a Santiago e Ourense poderíanse unir outros concellos.

Actualmente hai 69 municipios galegos en nivel medio de restricións, e outros 54 en nivel alto, mentres que o resto está no medio-baixo.

O Grove, único municipio en nivel máximo
comentarios
ç