sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Os socialistas urxen á Xunta a reparación da estrada vella entre Pontevedra e Marín

Imaxe do vial que se pretende mellorar, a estrada vella PO-546 Pontevedra-Marín. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Imaxe do vial que se pretende mellorar, a estrada vella PO-546 Pontevedra-Marín. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Paloma Castro lembra que o mal estado da estrada supón un perigo para os peóns, ciclistas e condutores

A vicevoceira do Grupo Socialista, Paloma Castro esixe á Xunta de Galiza que mellore a seguridade viaria da estrada vella Pontevedra-Marín PO-546, xa que se atopa nun "estado de abandono e desleixo". Fíxoo na Comisión de Obras Públicas do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta.

Paloma Castro lamentou que esta estrada "é un claro exemplo da política do PP na provincia de Pontevedra", que se basea na "discriminación do goberno galego cos concellos de diferente cor política", xa que en 11 anos do PP non houbo "nin unha sola actuación importante no tramo pontevedrés de Mollavao-Ponte Muíños, A Igrexa, O Rozo, Os Praceres e Estribela", malia tratarse de "importantes núcles de poboación". 

A responsable socialista sinalou que a estrada se atopa en "condicións lamentables, co firme en mal estado, fochas, liñas desdebulladas, curvas con escasa visibilidade" e "falla de luminaria". Ademais algunhas zonas carecen de beirarrúas, o que obriga aos peós a transitar pola marxe da estrada e, onde as hai, se atopan "en mal estado" con "lousas levantadas" e "invadidas de silvas e herbas". 

Paloma exisiu á Xunta de Galicia que "cumpra á maior brevidade co compromiso ao que chegou" co PSdeG durante á comisión de Obras Públicas do Parlamento, onde anunciou que arranxarán un tramo de 500 metros á altura de Estribela.

Neste senso, a vicevoceira do Grupo Socialista lembrou que esta vía ten "gran importancia para o tránsito comercial", xa que por ela transcorren, ademais de vehículos particulares, autobuses, ciclistas, peóns e uns 200 camións de gran tonelaxe que entran e saen diariamente de Ence. Polo que os cidadáns vense afectados polo abandono por parte da Xunta de Galiza, a cal ignora o asunto sen darlle importancia algunha dende fai 11 anos.

"Creo que Galiza somos todos e, polo tanto, tamén merecemos unha estrada en condicións onde se garanta a seguridade viaria", sentenciou a socialista.

Por último, Castro lembrou que as competencias en materia de "conservación e mantenemento das estradas autonómicas" é da Xunta de Galiza e "a veciñanza de Lourizán xa non aguanta máis, están fartos". 

Despois de anos de quiexas por parte da veciñanza de Lourizán, non poden máis, nin os veciños nin o PSdeG, polo que a vicevoceria Paloma Castro decide esixirllo a Xunta de Galicia, para que o reparo da estrada comence xa.

Os socialistas urxen á Xunta a reparación da estrada vella entre...
comentarios
ç