Un home resultou ferido nas Neves ao caerlle unha árbore enriba

O home estaba a traballar nunha árbore e precisou asistencia médica urxente despois de caerlle esta na cabeza

Helicóptero del 061, en el aire. HELICO OURENSE
photo_camera Debido á gravidade da situación, os profesionais sanitarios optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. HELICO OURENSE

Un home foi atendido este martes polos servizos sanitarios de urxencia logo de caerlle unha árbore enriba na localidade das Neves.

O 112 Galicia recibiu o aviso por parte dun particular pasados quince minutos das cinco da tarde. Na chamada, indicaba que o propietario dunha finca que estaba a traballar nunha árbore precisaba de asistencia médica urxente despois de caerlle na cabeza.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e do GES-SPEIS Ponteareas, así como tamén foron informados os axentes da Garda Civil.

Debido á gravidade da situación, os profesionais sanitarios optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.