Identifican a tres mozos por facer grafitis en trens e vagóns en Redondela

No cacheo preventivo os axentes atoparon unha vintena de botes de pintura

Un grafitero que realizó una pintada en Vigo consiguió evitar la multa. DP
photo_camera Os tres grafiteiros non tiñan antecedentes penais. DP

A Policía Nacional identificou tres mozos por causar diversos danos en trens de Renfe tras realizar grafitis nunha locomotora e vagóns que se atopaban estacionados nas instalacións de mantemento de Redondela. Un traballador da compañía ferroviaria informou á policía de que vira a tres persoas facendo pintadas nun automotor e facilitou a súa descrición, tras o que se iniciou un dispositivo de procura.

Unha dotación observou, pouco despois, a tres mozos que coincidían cos que buscaban camiñando a fume de carozo pola estrada Vigo-Redondela. Tras identificalos e interrogalos realizáronlles un cacheo preventivo de seguridade no que atoparon unha vintena de botes de pintura, así como boquillas especiais e outros elementos necesarios para realizar grafiti.

Por todo iso procederon a intervir o material, así como a informar aos responsables de Renfe dos trámites para realizar a correspondente denuncia. Ningún dos mozos tiña antecedentes policiais.

Comentarios