A incidencia acumulada na provincia de Pontevedra, concello a concello

Mos segue cunha IA por riba de 500 e Soutomaior e Moraña superan os 150
Una sanitaria realiza una PCR en Carballeda de Valdeorras. EFE
photo_camera Unha sanitaria realiza unha PCR . EFE

Mos, con 500 casos por cada 100.000 habitantes detectados en 14 días, continúa como o municipio galego maior incidencia acumulada, segundo os datos do Sergas facilitados este xoves e actualizados ata o mércores. 

A moita distancia atópanse dous municipios na franxa entre 150 e 250. Son Soutomaior, cunha IA de 162 e 12 casos, e Moraña, onde o Sergas só especifica que hai entre un e nove contaxios. 

Na provincia hai 14 municipios libres de covid nas últimas dúas semanas: Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, O Covelo, Cuntis, Dozón, Agolada, O Grove, A Guarda, A Lama, Mondariz-Balneario, Pontecesures, Ribadumia e Cerdedo-Cotobade.

CIDADES. Pontevedra é a cidade galega con máis incidencia acumulada a 14 días, con 104 casos por cada 100.000 habitantes, froito de 87 positivos detectados. O resto están por baixo de 100. 

CIDADE CASOS EN 14 DÍAS INCIDENCIA ACUMULADA
Pontevedra 87 104
Vigo 273 92
Santiago 64 65
Lugo 60 61
Ourense 63 59
Ferrol 39 59
A Coruña 143 58

 

Comentarios