"Isto é unha zona de guerra"

Unha veciña de Paramos, en Tui, narra como viu á súa filla "co pelo ardendo"

Vecinos desolados tras la explosión. SALVADOR SAS
photo_camera Vecinos abatidos tras a explosión. SALVADOR SAS

A forte explosión dun almacén pirotécnico de Paramos, en Tui, notouse en practicamente todo o sur de Pontevedra, en lugares como Ponte Caldelas, Vigo ou Redondela. 

"É unha zona de guerra", explicaba un oínte á Radio Galega, para describir a paisaxe que se abría ante el, no que aparecían portas dobradas, fiestras rotas, muros caídos...

Danos nunha casa situada a 800 metros da explosión. CRTVG

 "Sentín moito medo, pensamos que era un terremoto", indicou outro radiouvinte. E outro aseguraba que en Redondela, a máis de 30 quilómetros de distancia, "tremeu toda a casa".

Outro dramático testemuño é o doutra veciña: "Vin á miña filla co pelo ardendo".

Un veciño comentou a Efe que o seu fillo perdeu o taller de mecánica adxacente á súa casa e que está a uns 200 metros do lugar da explosión; "desapareceu", dixo. Ademais, este mesmo home explicou que a súa propia vivenda, a un quilómetro, resultou afectada con importantes danos.

Outro veciño, Manuel Fernández, indicou que estaban a xogar unha partida de dominou no Bar Rodas, na estrada principal e que de súpeto "todo saltou polo aire e comezaron a caer tellas por todas partes".

"Ese home non pode traballar máis, é unha irresponsabilidade total", dixo en alusión ao home que supostamente tiña un almacén pirotécnico nun contiguo da súa casa e que presuntamente é a orixe da explosión. "Aquí hai casas que desapareceron. Eu non sei, máis adiante xa non me deixaron ir", relatou.

Felipe Santos, tamén veciño, sinalou que acababa de recoller á súa filla do colexio e que estaban nun parque próximo cando de súpeto houbo unha explosión "como un volcán, con anacos de todo moi altos, unha columna de fume impresionante e unha corrente de aire moi importante que durou uns 15-20 segundos".

Comentarios