Liberada unha partida de aves silvestres capturadas ilegalmente en Redondela

Colocaba un xílgaroen gaiolas trampa como reclamo para atraer ás outras aves

Aves exóticas liberadas. GUARDIA CIVIL
photo_camera Aves exóticas liberadas. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil liberou unha partida de aves silvestres que foran ilegalmente capturadas por un veciño de Redondela, investigado penalmente por un presunto delito contra a protección da fauna e a flora.  As investigacións realizadas pola Patrulla do Seprona de Vigo culminaron este martes coa incautación de preto de medio centenar de distintas especies en poder dun veciño do municipio, que supostamente as apresou ilegalmente utilizando métodos non selectivos para a caza. 

Durante o transcurso da inspección que se realizou nun terreo contiguo á vivenda desta persoa, o Seprona incautouse de catro gaiolas trampa nas que colocaba un xílgaro como reclamo para atraer ás outras aves. Ademais, interviñéronse 28 exemplares de xílgaros europeos ou cardelina, oito tórtolas europeas e cinco verderones. 

As tórtolas foron postas inmediatamente en liberdade nunha zona próxima á mesma leira onde estaban en catividade. Pola súa banda, os xílgaros e os verderones foron postos en liberdade cunha solta que se realizou noutro lugar próximo, provisto de matogueira e arboledo, máis adecuado ao hábitat natural destas dúas especies. 

As dilixencias instruídas por un presunto delito contra a protección da fauna e a flora silvestres serán entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Redondela, onde deberá comparecer o presunto responsable cando sexa citado. 

Comentarios