O litoral pontevedrés permanecerá en alerta amarela este martes debido á ondada

As temperaturas mínimas no territorio galego sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos
El mar bate contra las olas en la costa de Baiona. EFE
photo_camera El mar bate contra las olas en la costa de Baiona. EFE

O litoral pontevedrés permanecerá este martes aviso por risco (amarelo) polo forte vento que provocará fenómenos costeiros e ondada de 4 a 5 metros de altura, segundo informou Meteogalicia.

PREDICIÓN. O martes Galicia continuará na influencia das baixas presións, polo que de novo esperamos unha xornada de ceos anubrados e choivas que comezarán polo sur durante a mañá e co avance do día irán chegando a toda a Comunidade.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

Meteogalicia

Comentarios