Achan o cadáver dunha persoa flotando no mar na Guarda

A embarcación que avistou ao corpo estaba a aproximadamente unha milla e media de Portocelo
Servicio de Guardacostas de Galicia. DP
photo_camera Servizo de Gardacostas de Galicia. DP

O cadáver dunha persoa foi localizado este xoves flotando no mar na Guarda, informaron fontes do 112 Galicia.

Os servizos de urxencia traballan no rescate do corpo e investigan as circunstancias do suceso.

Pasados dez minutos do mediodía, un particular deu a voz de alerta ao centro coordinador de urxencias, que puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil e o GES da Guarda.

Este particular indicaba que a embarcación que avistou ao cadáver flotando estaba a aproximadamente unha milla e media de Portocelo.