sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Trasladan a Baiona o corpo do tripulante do pesqueiro afundido en Cíes

Imaxe de arquivo do Marsúa. EUROPA PRESS
Imaxe de arquivo do Marsúa. EUROPA PRESS
A caída da noite obriga a suspender a procura do patrón do Marsua, que se retomará á primeira hora deste martes

O corpo do tripulante falecido no naufraxio do pesqueiro Marsua nas inmediacións das illas Cíes chegou ao porto de Baiona sobre as 18.40 horas deste luns, segundo informa Salvamento Marítimo. Mentres, o dispositivo de procura do patrón desaparecido mantívose ata que caeu a noite, coa participación do helicóptero Helimer 213 mentres foi posible. Segundo informan fontes de Salvamento Marítimo, o operativo retomarase á primeira hora do martes

O barco foi atopado quilla ao sol entre as illas Norte e Sur de Cíes. O helicóptero Pesca 1 localizou sobre as 17.20 horas a embarcación envorcada e semiafundida e, preto da mesma, o corpo flotando do tripulante falecido, que foi recuperado pola Salvamar Mirach para ser trasladado a terra pola patrulleira da Garda Civil Río Guadalupe. 

A confraría de Baiona trasladou o aviso ás 16.15 horas ante a falta de noticias deste barco —no que viaxaban o patrón e un tripulante—, que estivo a faenar ao oeste das Cíes e non regresara ao seu porto base no tramo horario previsto. Así, púxose en marcha un dispositivo con diferentes medios. 

Pola súa banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladouse na tarde de luns ata o municipio de Baiona para seguir os acontecementos. No rexistro da flota do ministerio figura que se trata dun barco de artes menores de case sete metros de eslora. Ten porto basee en Baiona e foi dado de alta en febreiro de 2001

Trasladan a Baiona o corpo do tripulante do pesqueiro afundido en Cíes