Máis roubos en locais, en vivendas e por internet ao longo de 2019

O Ministerio Público de Pontevedra tivo constancia de case 34.000 delitos no último exercicio analizado, 1.000 máis que en 2018
Traslado de una de las detenidas en pleno centro de Lalín. P. FIGUEIRAS
photo_camera Operativo que desarticulou a Banda do Seat León. P. FIGUEIRAS

Os delitos contra o patrimonio foron, con gran diferenza, o principal cabalo de batalla contra o que tiveron que lidar as forzas de seguridade, en primeiro termo, e a Fiscalía, despois, na provincia de Pontevedra ao longo de 2019. Esa é a principal conclusión da Memoria 2020 do Ministerio Público, que desvela un incremento de máis de 1.300 asuntos relacionados coa materia, un 19 por cento, habéndose superado os 8.000 roubos, furtos e estafas denunciados, a unha media duns 22 feitos ao día ao longo do territorio.

"Ë certo que tivemos un aumento relevante nas dilixencias previas relacionadas cos delitos contra o patrimonio". Juan Carlos Aladro, fiscal xefe da Audiencia Provincial desde 2008 e ao que restan aínda, salvo sorpresa, tres anos de mandato, trata de restar importancia a unhas cifras cifras de delincuencia, que, en termos globais, e a pesar da tendencia alcista, mantéñense relativamente estables. "A nivel global aumentamos 1.000 previas, penso que non é significativo".

Soben os delitos contra a vida, a propiedade industrial e intelectual e o narcotráfico mentres baixan os de lesións

Desglosando por modalidades delituosas, case todas as relacionadas cos ataques contra o patrimonio alleo han subido. Así, os furtos (que inclúen os pequenos roubos en cantidades non moi elevadas ou ao descoido) aumentaron nun 24 por cento; os roubos con forza (entre os que se contan os asaltos aos establecementos de hostalería) subiron nun 20 por cento; os roubos en casa habitada, os máis preocupantes pola alarma que xeran entre as súas vítimas, creceron nun 29 por cento, as fraudes, incluídos os que se cometen por internet, nun 17,7 por cento (unha cifra que será moi superior en 2020), e os roubos de coches aumentaron nun 17,7 por cento. No apartado positivo destaca o descenso dos asaltos mediante a violencia e a intimidación, que baixaron nun catro por cen. Tamén descenderon, neste caso nun dez por cento, as infraccións penais relacionadas coa receptación e co branqueo de capitais. Subiron, e moito, para rematar, os delitos contra a propiedade industrial e intelectual, cun 53 por cento máis de dilixencias previas en 2019 respecto de 2018.

CONTRA A VIDA. Os delitos contra a vida das persoas, cos homicidios como punta de lanza, incrementáronse con forza en 2019, con cifras que triplican as reflectidas na Memoria do ano anterior. Así, a Fiscalía estudou 28 supostos delitos. "Inclúense os homicidios por imprudencia. Ademais, non todas esas dilixencias acaban converténdose en procedementos", matiza Aladro.

Apréciase unha redución, pola contra, nos casos de lesións (nun nove por cento) o que serve para que o incremento global dos delitos sexa menor. As investigacións suborno e a prevaricación tamén van á baixa, o mesmo que as dilixencias de investigación que parten directamente da Fiscalía, que se reduciron nun 15 por cento.

Entre os asuntos que máis aumentaron tamén está o narcotráfico. Non hai máis que ver o aluvión de alixos interceptados pola Policía e a Garda Civil, co narcosubmarino de Aldán como punta de lanza, pero tampouco se poden esquecer os innumerables asuntos de trapicheo, tanto en narcopisos como en poboados como O Vao.

Como números globais, destacan as 33.830 dilixencias incoadas pola Fiscalía, por unha banda, e as case 2.500 sentenzas ditadas en materia Penal en 2019.

A folga e a pandemia provocarán serios atrasos
O actual escenario está a ser propicio para o inicio da recuperación da actividade xudicial. Con todo, dous factores foron fundamentais para causar atrasos relevantes nos procedementos. O primeiro deles, a folga de funcionarios, da que a administración galega aínda non se recuperou. E o segundo, a pandemia, causante de tres meses dun parón de facto nas sedes xudiciais.

A este respecto, a Fiscalía de Pontevedra conseguiu avanzar, na medida do posible, mediante o teletrabajo, facendo uso da tecnoloxía da que se foi dotando nos últimos anos. A pendencia, que se reduciu nun 5 por cento en 2019, volverá crecer nos próximos meses. A actividade da Fiscalía, en todo caso, foi frenética. Proba diso é o incremento nun 15 por cento do número de escritos de acusación presentados, alcanzando a cifra de 5.236.

Este número revela a actividade real do Ministerio Público pontevedrés, que resolve catorce asuntos cada día.