Marín reivindica Castiñeiras tamén cunha ecoferia

A contorna do lago converteuse nun mercadillo ecolóxico ►Os asistentes puideron esculcar nos distintos postos, realizar unha ruta de sendeirismo ou ver coches antigos

Imágenes del mercadillo ecológico. J. CERVERA
photo_camera Imaxes do mercadillo ecolóxico. J. CERVERA

O Lago de Castiñeiras acolleu este domingo unha EkoFeira promocionada polas comunidades de montes marinenses que limitan con este espazo con apoio do Concello de Marín e da Asociación Turismo Verde de Galicia. O evento contou con postos de gastronomía, artesanía, cosmética natural, reciclaxe e con diferentes actuacións musicais, ademais de propostas innovadoras como food truks ou postos de segunda man. Os asistentes, puideron participar ás 16.45 horas nun taller gratuíto de xabóns para nenos e tamén se desenvolveu un torneo de chave. Para os amantes dos vehículos clásicos, o evento ofreceu un encontro de coches e motos antigas, mentres que os máis amantes da contorna, puideron realizar unha ruta guiada polo parque. A cita congregou por centos de persoas durante todo o día.

Comentarios