O exconcelleiro de Oia Ángel Pombal faleceu este mércores nun accidente de tráfico rexistrado preto da súa vivenda, no lugar de Pedornes.
O sinistro rexistrouse pasadas as 19.00 horas na PO-552. A vítima era o único ocupante do vehículo, que se saíu da vía e chocou contra un muro.
#AXEGAInforma
Unha persoa perdeu a vida ao saírse da vía co vehículo no que viaxaba e chocar contra un muro no lugar de Pedornes, en Oia, Pontevedra. Interviñeron: servizos sanitarios, #GESAGuarda e @guardiacivil Tráfico. pic.twitter.com/FrnpQfirnf— 112Galicia (@112Galicia) October 30, 2019