Morre unha muller en Salvaterra ao sair da vía co seu coche

O accidente tivo lugar en Batalláns

Estado del vehículo tras el accidente. TVG
photo_camera Estado del vehículo tras el accidente. TVG

Unha muller perdeu a vida na madrugada deste venres despois de sufrir un accidente co vehículo que conducía pola A-52, ao paso pola localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño.

Segundo a información faciltada ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar á altura da saída da autovía en dirección a Batalláns cando estaban a piques de dar as tres desta madrugada. Nese momento, o turismo que conducía a vítima –un Peugeot 205– saíu da estrada e, pese aos intentos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Cómpre sinalar que este operativo activouse tras recibir o CIAE 112 a chamada dun particular, que localizou á muller fóra do vehículo e practicamente sen pulso. Decontado, desde o 112, informouse aos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros do Baixo Miño, que, finalmente, descartaron intervir debido a que a vítima estaba liberada e accesible.

Comentarios