domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

Unha muller sofre queimaduras nun brazo tras un incendio na súa cociña no Porriño

Un camión de bombeiros. ARQUIVO
Un camión de bombeiros. ARQUIVO
Sen feridos no derrube dun tellado provocado por outro lume nunha casa de Culleredo

Unha muller sufriu queimaduras nun brazo por mor dun incendio na cociña da súa vivenda en O Porriño. Segundo informou este mércores o 112 Galicia, o lume tivo lugar nun piso da Rúa Polígono de Torneiros pouco logo da medianoite.

As chamas, segundo explicaron os Bombeiros do Baixo Miño tras a súa intervención, orixináronse nunha tixola e terminaron por afectar a varios mobles da cociña alagando dun intenso fume toda a vivenda. No operativo interviñeron, á súa vez, a Policía Local e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron a muller ferida á PAC da vila. 

CULLEREDO. Doutra banda, o 112 Galicia informou tamén este mércores do derrube dun tellado provocado por outro incendio nunha casa unifamiliar situada no municipio coruñés de Culleredo, que afortunadamente se saldou sen feridos. Ao redor das dúas da madrugada, o propietario da vivenda chamou á central de urxencias para alertar do lume, declarado no primeiro piso da casa. 

Os tres ocupantes do inmoble puxéronse a salvo á espera da chegada dos efectivos dos bombeiros, cuxos labores de extinción das lapas estendéronse ata entrada a mañá. Ao fío das 8.30 horas, o dispositivo dos bombeiros —no que colaboraron efectivos do parque comarcal de Arteixo e de compañeiros de Betanzos— deu por extinguidas as lapas, que tiveron a súa orixe, segundo os primeiros indicios, nunha estufa

Unha muller sofre queimaduras nun brazo tras un incendio na súa...