Vázquez Padín: "Aos do 15M deixáronlles acampar e a min non"

O alcalde de Tui critica que o Concello de Pontevedra non lle deixe durmir na súa tenda na Alameda para protestar pola xestión de Goberno e Deputación na traxedia de Pairamos

El alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, con su tienda de campaña y saco de dormir, frente a la Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera El alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, con su tienda de campaña y saco de dormir, frente a la Deputación de Pontevedra. DAVID FREIRE

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, puxo este luns o berro no ceo. Fíxoo en Pontevedra, onde acudiu en compañía de varios veciños para tratar de montar a súa tenda de campaña na Alameda en sinal de protesta pola xestión do Goberno central e a Deputación na traxedia de Pairamos. 

O rexedor tudense non puido instalarse nos xardíns deste enclave urbano, situado entre o Pazo Provincial e o edificio da Subdelegación, porque non logrou o permiso do Concello de Pontevedra. Un informe de Disciplina Urbanística impide acampar no lugar ao político da plataforma Converxencia XXI. "Aos do 15M deixáronlles acampar e a min non", reprochou Vázquez Padín, que asegurou que estudará o alcance xurídico da resolución municipal, que considera ilegal. "Non me poden limitar un dereito fundamental", engadiu.

O dereito ao que alude o alcalde de Tui é ao de manifestación, unha cuestión que o Goberno local defendie que non se lle está coartando."Non podemos autorizar acampadas na Alameda. Pode pasar que se concentre. Pero a tenda non a pode instalar aí. A noite pode pasala, como calquera persoa. Eu aconséllolle que vaia abrigado, porque as noites refrescan bastante", dixo este domingo a concelleira de Disciplina Urbanística e Seguridade Cidadá, Carme da Silva.

Vázquez Padín urxe ao Goberno de Pedro Sánchez que Paramos, que en maio do mes pasado sufriu unha explosión por mor dun accidente nunha pirotecnia ilegal, sexa declarada zona catastrófica. O rexedor de Tui lamentou a "demora" do Estado en axudar ao seu pobo e criticou con dureza tanto "as formas coma o fondo" da Deputación, á que acusa de non ter vontade política de axudar na traxedia. Sobre o papel da Xunta nesta traxedia, o político tudense ponlle un "notable alto".

Comentarios