sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

Pechan un centro de día das Neves tras un positivo

Dúas sanitarias protexidas con máscaras. EUROPA PRESS
Dúas sanitarias protexidas con máscaras. EUROPA PRESS
Os traballadores e usuarios están a ser sometidos a probas PCR para confirmar se foron infectados

O positivo por coronavirus dunha muller obrigou, seguindo o protocolo das autoridades sanitarias, a pechar un centro de día na localidade pontevedresa das Neves, e a illar ao resto de usuarios e aos traballadores. 

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Política Social, a usuaria afectada é unha muller que "levaba dous sen acudir ao centro" e que este xoves soubo que ten Covid. 

As mesmas fontes sinalaron que, seguindo os protocolos establecidos, pechouse o centro e déronse indicacións de illamento ao resto de usuarios e aos traballadores. A todos eles estánselles realizando probas PCR para confirmar se resultaron infectados. 

O centro de día das Neves, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta con 25 prazas, aínda que nestes momentos só estaban dispoñibles a metade polas restricións de aforamento e non estaban todas cubertas. Así mesmo, ten 10 traballadores en persoal, aínda que Política Social non precisou cal é o número de empregados illados. 

Pechan un centro de día das Neves tras un positivo
comentarios