Tres persoas resultan feridas en senllos accidentes rexistrados en Pazos de Borbén, A Cañiza e Barro

Os sinistros producíronse nun intervalo de corenta e cinco minutos
Oficinas del 112 en Santiago. DP
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago. EP

Un total de tres persoas resultaron feridas esta tarde en senllos accidentes rexistrados en en A Cañiza, Barro e Pazos de Borbén. Os sinistros producíronse nun intervalo de corenta e cinco minutos, entre as 17.15 e as 18.00 horas, na que tres persoas necesitaron asistencia sanitaria, aínda que en ningún dos casos tiveron que intervir os servizos de rescate.

Así, o primeiro accidente, sucedeu no Concello de Pazos de Borbén, concretamente na estrada que une esta localidade e Ponteareas, onde un vehículo envorcou e unha persoa resultou ferida. Foi un particular quen alertou a través do 112 Galicia e a partir de aí activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Por outra banda, unha persoa foi evacuada polos servizos de emerxencia despois de bater tres vehículos na Cañiza. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos axentes de Tráfico, ás 17:45 horas, o accidente produciuse na N-120, no punto quilométrico 622, ao seu paso pola parroquia de Petán. Con estes datos, o 112 puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, do GES- SPEIS de Ponteareas e do servizo de mantemento da vía.

O terceiro accidente tívos lugar ás seis da tarde en Barro. Foi unha persoa particular quen, a esa hora, alertaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia dunha persoa ferida nunha colisión entre dous vehículos na N-550. Deste xeito, os xestores do 112 solicitaron a intervención de  Urxencias Sanitarios de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.