Pontevedra, a provincia española máis cara para contratar un seguro de coche

Hai uns 311 euros de diferenza entre as pólizas da zona máis cara e a máis barata

Coches á venda nun concesionario galego. ARQUIVO
photo_camera Coches á venda nun concesionario. ARQUIVO

As provincias de Pontevedra (789,4 euros), Cantabria (705,9 euros) e Cádiz (691,8 euros) sitúanse como as máis caras de España para contratar un seguro de coche, con primas entre un 35% e un 18% por encima da media, segundo datos de Rastreator.com. 

Pola súa banda, Zaragoza (478 euros), Cáceres (484,6 euros) e Segovia (489,8 euros) son as rexións coas primas medias do seguro de coche máis baratas, entre un 18% e un 16% por baixo da media. 

Segundo o comparador web de seguros, o prezo do seguro pode incrementarse ata nun 65% segundo a provincia na que resida o tomador da póliza. Entre a provincia máis cara (Pontevedra) e a máis barata (Zaragoza) hai 311 euros de diferenza. 

Entre xaneiro e agosto deste ano, o prezo medio do seguro de coche situouse en 583 euros. O seguro a terceiros rexistrou unha prima media de 316,4 euros, o seguro a terceiros ampliado alcanzou os 363,5 euros e as pólizas a todo risco con franquía situáronse en 537,9 euros, mentres que a modalidade sen franquía foi de 1.117,9 euros. 

Ademais do lugar de residencia hai outros factores que impactan no cálculo da prima do seguro de coche, como, por exemplo, o historial de sinistralidade, a idade do condutor ou as características do vehículo, segundo Rastreator.com. 

Comentarios