Pontevedra rexistra a máxima de Galicia nunha xornada primaveral

Os termómetros chegaron a marcar 24 3 graos ne a cidade do Lérez nunha xornada de gran contraste térmico na que a mínima apenas superou os catro graos

Terraza en la Praza de Méndez Ñúñez. DAVID FREIRE (ADP)
photo_camera Usuarios nunha terraza. ARQUIVO

Quen tivese plans ao aire libre para celebrar San Valentín puido gozar este xoves dun aliado indiscutible: o bo tempo, que deixou temperaturas case primaverais en toda Galicia. A máxima alcanzouse en Pontevedra, onde os termómetros chegaron a marcar 24,3 graos, pero tamén en concellos como Tui (23,3), Vigo (22) ou Caldas (20,6) rexistráronse valores similares, segundo os datos recompilados por Meteogalicia.

E é que o sol brillou con forza durante gran parte dunha xornada que estivo caracterizada por un gran contraste térmico: fronte ao agradable calorciño das horas centrais do día, os pontevedreses máis madrugadores tiveron que abrigarse, xa que na cidade do Lérez o mercurio caeu ata marcar os 4,8 graos. É dicir, que se rexistrou un diferencial de ata vinte graos entre a máxima e a mínima.

Algo menos marcado foi o contraste noutros puntos da provincia, como en Vilanova de Arousa (7 o valor máis baixo rexistrado e 17,9 o máis alto) ou Lalín (6,4 e 17,1, respectivamente).

Comentarios