O Sergas impulsa novos cribados mentres continúa a vacinación na provincia

Realiza unha convocatoria en Vilanova, outra en Meis e detecta dous positivos en Ribadumia
DAVID 9.00 en diante. O Vao, fase final do cribado iniciado por Sanidade. Carpa ara choiva, veciños do VAO de Abaixo e veciños do Vao non chabolista., miércoles, 20 ene · 9:00–10:00
photo_camera Imaxe de arquivo dun cribado no Vao. DAVID FREIRE

O Sergas está a convocar a miles de persoas a distintos cribados para detectar poboación asintomática. En Ribadumia estaban citadas 1.258, acudiu o 78% e desveláronse dúas infeccións. En Catoira, as 359 probas realizadas (o 78,4%) non arroxaron ningún positivo. En Vilanova estaban convocados 2.400 veciños de entre 30 e 49 anos para facerlles unha PCR entre o venres e o domingo. Ademais, realizarase un cribado específico para toda a comunidade educativa do municipio, máis de 800 persoas entre estudantes, profesores e persoal non docente. Así mesmo, en Meis citarase a 2.200 persoas de entre 20 e 64 anos para un cribado fixado para o vindeiro luns e o martes, nesta ocasión no Pavillón Municipal de Deportes.

A fin de semana, pinchazo


O Sergas difundiu o plan de vacinación previsto para esta fin de semana na área, onde se aplicarán 4.100 doses. Esta mañá están citadas 1.400 persoas no Recinto Feiral de Pontevedra e outras 300 en Fexdega (Vilagarcía). Teñen entre 60 e 65 anos e recibirán a AstraZeneca. Este domingo será a quenda de 2.000 residentes de entre 75 e 79 anos, convocados no Recinto para picalos con Pfizer (mil en sesión matinal e outras tantas pola tarde). A Fexdega acudirán 400. Así mesmo, está a citarse xa a persoas de entre 70 e 74 anos para aplicarlles a Pfizer ao longo da próxima semana.

Comentarios