O PP provincial pide ao Goberno central unha estratexia común para frear ó xabaril

Os conservadores solicitan que o Ministerio de Agricultura proceda á declaración de "praga" para a excesiva poboación de xabarís
Varios vecinos muestran los daños ocasionados por los jabalíes en una finca del lugar de Bordel. RAFA FARIÑA
photo_camera Veciños amosan os dans ocasionados polos xabarís no lugar de Bordel. RAFA FARIÑA

O grupo provincial do PP defende este venres no Pleno da Deputación unha moción para reclamar ao Goberno central que deseñe unha estratexia común entre administracións para frear o impacto do xabaril na provincia, especialmente grave nos concellos do interior.

A intención é buscar solucións contra a proliferación desta especie, que está a causar enormes estragos nos cultivos debido ao crecemento exponencial do número de exemplares. Os seus efectos nótanse tamén en materia de seguridade viaria polos accidentes de circulación que provocan, ademais de introducir riscos tanto polo achegamento dos xabarís a zonas habitadas como pola transmisión de enfermidades.

Por iso, algunhas das medidas que propón o PP son que o Ministerio de Agricultura e Transición Ecolóxica proceda á declaración de praga para a excesiva poboación de xabaril e que elabore un censo real destes animais, entre outras cuestións.

Comentarios