Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

O PP ratifica a Nidia Arévalo como candidata á alcaldía de Mos

Arévalo, Roda e Tellado, en Mos. PPDEG
Arévalo, Roda e Tellado, en Mos. PPDEG

A popular cumpre en 2018 dez anos á fronte do Concello, "demostrando a diario o seu traballo incansable por este municipio".

O presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, e o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, ratificaron este domingo a Nidia Arévalo como candidata do Partido Popular á alcaldía de Mos.

Máis de 800 persoas foron testemuñas este domingo no tradicional encontro anual de verán desta localidade pontevedresa da presentación de Arévalo como candidata para as eleccións municipais de maio de 2019.

Nidia Arévalo cumpre en 2018 un total de dez anos á fronte da alcaldía de Mos "demostrando a diario o seu traballo incansable por este municipio".

A alcaldesa e candidata á reelección asegurou no transcurso deste acto sentirse "moi honrada de poder ser de novo candidata á alcaldía de Mos e agradezo o apoio e o traballo dos meus compañeiros que fan posible que sexamos o primeiro partido de Mos".

Para finalizar, Arévalo asegurou sentirse con máis ilusión e forza que nunca. 

O PP ratifica a Nidia Arévalo como candidata á alcaldía de Mos
Comentarios