A provincia de Pontevedra non ten ningún concello cunha taxa superior a 500

O Grove, o municipio con peores cifras, reduce a súa incidencia acumulada ata os 494
Cribado a jóvenes en la UVigo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Cribado a mozos na UVigo. GONZALO GARCÍA

A provincia de Pontevedra mantén a todos os seus municipios cunha incidencia acumulada a 14 dias por baixo dos 500 casos por cada 100.000 habitantes. OGrove, o único que superaba esta cifra, baixa este mércores do medio milleiro e mostra unha taxa de 494.

Ademais do O Grove, outro concello da provincia sitúase por encima dos 250 casos por cada cen mil habitantes. Este concello é Vilanova de Arousa, que empeora os seus números, pasando dos 293 deste mércores a 332. O que mellora, iso si, é Ribadumia, que descende desde os 274 aos 235 casos/100.00 habitantes. 

Outros once municipios sitúanse nesa pinza nunha taxa entre 150 e 250: Arbo, Cambados, Catoira, Crecente, Gondomar, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía. 

CONCELLOS LIBRES DE COVID. Hai unha quincena de concellos da provincia que non detectaron ningún caso de coronavirus nas últimas dúas semanas, un menos que este martes: O Covelo, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Agolada, A Lama, Mondariz, Mondariz-Balneario, Portas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Rodeiro, O Rosal e Cerdedo-Cotobade.

CIDADES. A situación nas cidades galegas é dispar. Vigo e A Coruña, que son as que presentaban xa os peores datos de incidencia acumulada, son tamén as que máis empeoran nesta xornada. Vigo excede os 150 casos por cada cen mil habitantes e sitúase nunha taxa de 152, mentres que A Coruña está en 113

Pontevedra, a terceira cidade con peores rexistros, logra rebaixar o seu IA, mentres que Lugo e Ourense mantéñense con certa estabilidade, aínda que empeorando a súa cifra. Pola súa banda, Ferrol e Santiago conseguen reducir aínda mais o número de casos. 

CIDADE CASOS EN 14 DÍAS INCIDENCIA ACUMULADA
Vigo 427 152 (+8)
A Coruña 268 113 (+5)
Pontevedra 75 84 (-6)
Lugo 68 71 (+2)
Ourense 66 65 (+2)
Ferrol 41 59 (-4)
Santiago 43 42 (-2)

 

Comentarios