A provincia recibiu este verán un 4,8% máis de visitantes que en 2018

O delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, valorou o dato como "moi positivo" porque tamén aumentou a estancia
Turistas na Peregrina. DAVID FREIRE
photo_camera Turistas na Praza da Peregrina de Pontevedra. DAVID FREIRE

O turismo na provincia de Pontevedra segue crecendo. Faio cun aumento no número de visitantes, que creceron un 4,8% con respecto ao verán de 2018, e na duración das estancias. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra valorou moi positivamente esta tendencia apoiado en datos do INE.

"Non só se incrementou a cifra de viaxeiros aloxados senón tamén ou volume de noites, nun 5% de media. A demanda crece tanto en pensións, como en apartamentos turísticos —ata un 20% nestes dous casos—, en turismo rural e en hoteis", indicou Cores Tourís.

O 87% da demanda na provincia corresponde a establecementos hostaleiros, unha cifra que engloba aos hoteis e as pensións. A porcentaxe restante queda nos apartamentos turísticos, cun 9%, e os establecementos de turismo rural, cun 4%.

Os datos do INE reflicten como creceu tanto o turismo nacional, un 3,1%, como o internacional, cunha alza do 10,3%. Este verán os visitantes foron sobre todo españois, que supuxeron o 63% do turismo. O 20% correspóndese co turismo interno e o 17% co internacional.

Sanxenxo contou este ano con 434.445 pasas a noite (un 6% máis que en 2018) e Pontevedra con 64.995, un 15% máis que o verán anterior.

Comentarios