PSOE e BNG rexeitan debater unha moción do PP sobre os indultos no pleno da Deputación

O grupo popular quixo levar a pleno unha proposta sobre a conectividad dixital no rural, pero esta iniciativa tamén foi rexeitada
Un momento del plenos de la Deputación.DP
photo_camera Un momento dos plenos da Deputación.DP

PSOE e BNG declinaron debater unha moción do PP na Deputación de Pontevedra sobre os indultos aos políticos presos do procés, unha proposta que foi rexeitada.

A Corporación provincial tratou no pleno ordinario da Deputación de Pontevedra, celebrado este venres, dúas mocións presentadas polo Partido Popular. A primeira foi en relación "conectividad dixital" na provincia de Pontevedra e a segunda sobre a concesión dos indultos.

Ambas foron rexeitadas cos votos en contra de Partido Socialista e BNG.

Sobre a concesión dos indultos e "en defensa da Constitución", o portavoz do PP, Afonso Marnotes, tivo que rectificar o enunciado inicial da súa proposta política ao haberse concedido xa as nove medidas de graza para os presos do procés, que aínda seguen con condenas vixentes de prisión.

A moción reconduciuse de forma que o Partido Popular pretendía visibilizar un rexeitamento a estes indultos parciais e condicionados a que os reos non cometan un delito en varios anos.

A oposición declinou facer intervencións sobre este asunto polo que non houbo debate. Por maioría dos votos do PSOE e do BNG a moción do PP foi rexeitada.

CONECTIVIDAD. O grupo provincial do PP tamén reclamou unha conectividad dixital adecuada en todos os concellos da provincia, de forma que solicita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que priorice o despregamento da banda ancha nas poboacións menos poboadas, e que dote tamén de cobertura a áreas que non dispoñen nin tan sequera de servizos básicos de telefonía móbil, áreas de maior risco de fenda dixital.

O deputado do PP Miguel Domínguez argumentou que hoxe en día dispor dunha boa conectividad a internet é "practicamente un dereito" do que calquera persoa quere gozar, "pero a realidade demostra que aínda hai unha fenda dixital moi importante entre os habitantes do medio rural e do urbano".

Nesta liña, o popular sinala que a necesidade de estar conectados aumentou durante a pandemia, xa que os fogares convertéronse en oficinas e escolas, co impulso do teletrabajo e das clases online. 

"Pero a baixa conectividad converteuse nun gran obstáculo para os fogares no rural, que se atoparon cunha evidente desigualdade de oportunidades con respecto aos fogares urbanos", indica. Fogares nos que seguir unha clase online ou manter unha reunión de traballo telemática sen interrupcións é practicamente imposible, así como abrir unha páxina web sen a necesidade de esperar un tempo prolongado a que cargue, agrega. 

Pola súa banda, o portavoz do PSOE, Carlos López Font sinalou que esta moción do PP evidencia o "fracaso" da Xunta de Galicia coa súa xestión das telecomunicacións. Afirmou que a "Amtega é un chiringuito" e reclama ao Goberno galego que cumpra cos seus compromisos neste ámbito. 

Ademais, o vicepresidente da Deputación e portavoz do BNG, César Mosquera, chamou a atención sobre as mocións do PP por ser alleas á xestión do Goberno provincial, o que, ao seu xuízo, demostra que a oposición non ten nada que criticarlles. "Non nos aplauden porque non lles deixan", chanceou.

SORDOCEGUERA. A parte resolutiva do pleno incluíu a aprobación da Conta Xeral correspondente ao exercicio 2020 e unha modificación de créditos para o Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

Antes de iniciar o pleno, a presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga), María Jesús Monterde, leu unha declaración institucional da Deputación de Pontevedra con motivo da Semana Internacional de Concienciación da Sordoceguera. 

Comentarios