O PSOE recuperará a alcaldía de Tui este sábado grazas ao apoio do BNG e En Marea

As negociacións para a posible conformación dun goberno de coalición continúan en marcha

Enrique Cabaleiro. FACEBOOK
photo_camera Enrique Cabaleiro. FACEBOOK

A cabeza de lista da candidatura do PSOE en Tui, Enrique Cabaleiro, será investido alcalde da localidade este sábado e, deste xeito, volverá estar á fronte do goberno local grazas ao apoio dos concelleiros do BNG e En Marea.  As formacións de esquerda permitirán que Cabaleiro, que xa foi alcalde entre 2015 e 2017, volva situarse á fronte do Consistorio. 

Así mesmo, as negociacións para a posible conformación dun goberno de coalición entre o PSOE, BNG e En Marea aínda continúan en marcha. Nas eleccións do pasado 26 de maio, o PSOE obtivo 8 concelleiros, seguido polo PP, con 3, e Ciudadanos, con 2. Ademais, o BNG conseguiu 2 edís e Converxencia 21 e En Marea, un cada un. 

Alternativa Tudense, Son de Tui, BNG, Converxencia 21 e Alternativa Popular de Tui permitiran que o candidato socialista fose investido en 2015. No entanto, unha moción de censura de Converxencia 21, apoiada polo PP, Alternativa Popular de Tui e Ciudadanos Tudenses, permitiu a Carlos Vázquez Padín arrebatarlle a alcaldía. 

Comentarios