Ratificada a condena a empresarios e dous funcionarios de Aduanas por fraude na venda de gasóleo

O Supremo confirma as penas impostas e desestima os recursos interpostos contra a sentenza da Audiencia de Pontevedra

Exterior de la Audiencia de Pontevedra. ADP
photo_camera Exterior da Audiencia de Pontevedra. ADP

A Sala do Penal do Supremo confirmou as condenas impostas aos empresarios Jesús Ángel C. G. e Juan C. G. e aos funcionarios do Servizo de Vixilancia Aduaneira José C. G. e José Ángel C. C polo caso da venda fraudulenta do gasóleo, no que se investigaron delitos contra a Facenda pública e de falsidade documental labores nos anos 1998, 1999 e 2000 e que supuxo unha fraude de máis de 15 millóns de euros.

O tribunal desestimou os recursos de casación interpostos polos catro recorrentes contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra. Por unha banda, o veredicto condenou aos dous empresarios a seis anos de prisión por seis delitos contra a Facenda pública —un ano por cada un dos delitos— en concurso cun delito continuado de falsidade en documento oficial.

Pola súa banda, os dous funcionarios foron condenados a 5 anos de prisión: oito meses de prisión por cada un dos delitos contra a Facenda Pública e 1 ano máis por un delito de falsidade. Os catro teñen que facer fronte a multas que ascenden a 15.408.639 de euros.

Así, confírmase a sentenza recorrida que condenou aos recorrentes, que negaron os feitos, e por conformidade a trece acusados que si os admitiron, e absolveu a outros cinco. 

Comentarios