Requisan en Catoira unha partida de calzado falsificado por valor de 14.000 euros

A Garda Civil sospeita que ían ser postas á venda no mercado semanal que se celebraba os mércores en Rianxo

A Garda Civil incautou en Catoira unha partida de calzado falsificado, concretamente 159 pares de zapatillas deportivas, cuxo valor no mercado supera os 14.000 euros, informou o instituto armado.

Durante un control selectivo de vehículos na estrada EP-8001, a Garda Civil localizou nun dos coches inspeccionados unha partida de calzado coas etiquetas, supostamente falsificadas, pertencentes a coñecidas firmas comerciais acreditadas no sector.

A Garda Civil sospeita que ían ser postas á venda no mercado semanal que se celebraba os mércores na localidade de Rianxo, na Coruña.

Ao comprobar que a responsable da mercancía, que circulaba no vehículo, carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á incautación preventiva do calzado.

Comentarios