Rescatados dunha embarcación encallada nas Illas Serragueiras, en Baiona

A alerta saltou pasada a unha da madrugada, cando o barco tocou os baixos nas rocas e abriuse unha vía de auga

Tres tripulantes de orixe holandesa tiveron que ser rescatados tras varar a súa embarcación nunha zona rochosa das Illas Serragueiras, en Baiona, comunicou o 112.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, a alerta saltou pasada a unha desta madrugada, cando a embarcación tocou os baixos nas rocas e abriuse unha vía de auga.

Deste xeito, o persoal de Salvamento Marítimo enviou á zona a Salvamar Mirach e pediu a colaboración dos efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que a bordo da Pesca-I rescataron aos tres tripulantes e trasladáronos ao Aeroporto de Vigo para ser atendidos por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias.

O impacto da embarcación contra as rocas provocou á tripulación algúns golpes, polo que desde o 112 solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia.