Rescatan a dous motoristas de Ponteareas atrapados e perdidos nun barranco

Trátase de dous usuarios que practicaban a modalidade de enduro no ourensán municipio de Avión

A Garda Civil rescatou este fin de semana a dous motoristas de enduro que estaban atrapados e perdidos nunha zona de monte no municipio ourensán de Avión. 

Segundo informou o Instituto Armado, este pasado sábado sobre as cinco da tarde un motorista alertou de que se atopaba "atrapado e perdido" xunto con outro compañeiro nunha devasa situada preto de Pascais, en avión.

A través dunha aplicación de mensaxería, os axentes conseguiron localizar a zona en que se atopaban polo que ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Beariz que localizou aos motoristas "nun barranco de difícil acceso". 

Estas mesmas fontes detallaron que estes dous deportistas non requiriron asistencia médica e foron trasladados ata localidade de Avión onde foron recollidos por familiares. 

Os dous motoristas son dous homes de 31 e 27 anos, veciños de Ponteareas, Pontevedra.