Rexistrado un terremoto de magnitude 2 en Salvaterra do Miño

Fronte ás costas atlánticas de Galicia tamén se produciu un fenómeno similar
Zona del terremoto. IGN
photo_camera Zona do terremoto. IGN

O Instituto Xeográfico Nacional informou do rexistro, nas últimas horas, dun terremoto de magnitude 2, con centro na localidade pontevedresa de Salvaterra do Miño. 

Segundo os datos deste organismo, o sismo rexistrouse ás 8.38 horas do domingo, na parroquia de Leirado (Salvaterra), próximo ao alto de San Nomedio, que xa pertence ao municipio veciño das Neves. O movemento, de baixa intensidade (magnitude 2 na chamada 'escala de Ritcher'), non foi apreciado pola poboación nin causou danos. 

Na xornada deste domingo, o Instituto Xeográfico Nacional tamén rexistrou un terremoto de magnitude 3 no Atlántico, fronte ás costas de Galicia, aínda que lonxe do continente (a unhas 80 millas). 

Comentarios