Rexistrado un tremor de terra no municipio de Covelo

Foi de 1.9 graos e non foi percibido pola poboación nin causou danos materiais

El foco del temblor se localizó en el sur de la provincia. IGN
photo_camera El foco del seísmo se localizó en el sur de la provincia. IGN

Uns minutos antes das seis da mañá deste martes, 15 de xaneiro, rexistrouse un terremoto de 1.9 graos na escala mbLg no municipio pontevedrés de Covelo.

O pequeno tremor non causou danos materiais nin foi percibido pola poboación.

Nos últimos días, o Instituto Geográfico Nacional (IGN) detectou tamén actividade sísmica fronte á costa coruñesa e nos municipios de Noia e Oroso. En todos os casos tratáronse de sismos de baixa magnitude.

Comentarios