Sanidade mantén a Moraña e Ponte Caldelas no nivel alto de restricións

O comité clínico deciciu relaxar as restricións en Vilanova, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Cuntis e Cangas
Núñez Feijóo, Comesaña y García se reúnen por videoconferencia con el comité clínico de expertos sanitarios. XUNTA
photo_camera Núñez Feijóo, Comesaña e García reúnense por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios. XUNTA

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada polo covid-19, acordou manter a Moraña e Ponte Caldelas en nivel alto de restricións ao non mellorar a situación epidemiolóxica nestes concellos. Por contra, alivia as medidas nos municipios de Cambados, que baixa ao medio, e en Vilanova de Arousa, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas e Salceda de Caselas, que pasan ao nivel baixo.

Sanidade decidiu elevar a nivel máximo de restricións os concellos da Pobra do Caramiñal e Mos que se suman a Lobios, que se mantén unha semana máis.

No chanzo alto quedan os municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro. 

As medidas de nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Comentarios